Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 31 de maio de 1999 pola que se somete a información pública o expediente para a declaración do souto de Rozabales (concello de Manzaneda) como monumento natural.

A Lei 4/1989 do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da fauna e flora silvestres regula, no seu título III, as figuras de protección que se van aplicar nos espacios naturais, establecendo que poderán ser monumentos naturais aqueles espacios ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, así como por formacións xeolóxicas, xacigos paleontolóxicos, e demais elementos da xea que reúnan un especial interese pola súa singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos; por todo isto,

RESOLVO:

Para os efectos previstos no artigo 16 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre, ábrese un prazo de información pública para a declaración do souto de Rozabales como monumento natural.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, Santiago de Compostela ) ou na Delegación desta Consellería de Medio Ambiente en Ourense (Avenida de la Habana 79-1º 32003 Ourense), para que se formulen ó expediente cantas alegacións se consideren oportunas, nun prazo de 30 días contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente