Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de maio de 1999 pola que se recoñecen diversas escolas de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das Escolas de navegación de lecer.

O dito recoñecemento foi solicitado por diversos centros, e logo de cumpri-lo procedemento establecido, procede recoñecelos e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto

RESOLVE:

Artigo 1º

Cambiar de categoría a seguinte escola.

XGEN003.-José M. Villa Sánchez (denominación comercial Cadenote) á Escola de Navegación de Lecer (ENAL)

Artigo 2º

Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (Enal Básica)

-Cefornáutica, S.L.-CIF B-36846004, sito na localidade de Vigo (Pontevedra) e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN007.

-Federación Gallega de Vela-CIF G-36644862, sita na localidade de Vigo (Pontevedra) e coa misma denominación comercial, inscrita co nº XGEN008.

-Juan Antonio Pereiro Rodríguez-NIF. 35934513A, sito na localidade de Pontevedra e coa denominación comercial Pontis Veteris-Náutica, inscrita co nº XGEN009.

Artigo 3º

Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura