Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de equipamento das delegacións da Consellería de Industria e Comercio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 6/99.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a subministración de vasillas patrón para o control metrolóxico sobre os sistemas de medida de líquidos distintos da auga, en concreto destinadas ó control de bombas das gasolineiras existentes nesta Comunidade Autónoma.

Lugar de execución: as delegacións da Consellería de Industria e Comercio.

Prazo de execución: 2 meses a partir da data do asinamento do contrato.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 130.000 ptas.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económico-financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co artigo 16.1 a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles de conformidade co artigo 18.1 a) da LCAP.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día desde o da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este

fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio