Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 26 de abril de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización de vía de acceso en Roxos (parroquia de Santa María de Villestro), promovido por Construcciones Suárez Vilar, S.L.

Ó ámbito da urbanización correspóndese co dunha unidade de actuación delimitada na marxe noroeste da estrada de Santiago de Compostela a Noia, no punto quilométrico 3 (Roxos).

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde