Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

MODIFICACIÓN puntual do PXOM.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o pasado día vinteoito do ano que corre, adoptou os acordos de:

1. Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar.

2. Somete-lo documento a información pública durante un mes inserindo para estes efectos os correspondentes anuncios no taboleiro de anuncios do concello, no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun diario de difusión provincial.

3. Suspende-las licencias nas zonas afectadas polas modificacións e que figuran de abondo especificadas no expediente na medida en que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, sendo as áreas afectadas pola suspensión as seguintes:

-Núcleo 10.10 e 10.11 da Pasaxe, Vincios.

-Solo urbano do parque da feira afectado por erro na grafía do PXOM.

-Solo industrial s/alegación de Antonio Pérez Giménez.

-Polígono 18 de Gondomar.

-Igrexario de Vilaza.

-Equipamento cultural e escolar da parroquia de Mañufe.

-Zona do núcleo 10.7 de Xián-A Cernada afectada por un camiño mal grafado no plano 4.4 do PXOM.

-Zona do núcleo 4.8-San Cibrán no borde do núcleo (10.2) con respecto ó cal non se grafaron as aliñacións.

-Zona do núcleo 4.7 Sermán-Cotarel na súa zona norte (planos 9.1 e 9.2 de clasificación e cualificación) que comprende 10.400 metros cadrados.

-Parcelas edificables en núcleo rural que teñan unha fronte mínima á vía pública inferior a 6 m.

Na súa consecuencia e para os efectos do artigo 42 da Lei do solo de Galicia, o devandito expediente queda exposto ó público polo prazo dun mes contado a partir da última publicación deste anuncio.

Gondomar, 30 de abril de 1999.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde