O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j), da Orden do 21 do abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: ecógrafo, equipamento de quirófano e monitores. Plan de necesidades 1999.
Orzamento: 26.550.000 ptas., (159.568,71 euros).
Garantía provisional: 531.000 ptas., (3.191,37 euros).
Lote 1: ecógrafo.
Orzamento: 13.000.000 de ptas., (78.131,57 euros).
Garantía provisional: 260.000 ptas., (1.562,63 euros).
Lote 2: lámpada de quirófano.
Orzamento: 3.000.000 de ptas., (18.030,36 euros).
Garantía provisional: 60.000 ptas., (360,61 euros).
Lote 3: torre de vidioendoscospia.
Orzamento: 6.500.000 ptas., (39.065,79 euros).
Garantía provisional: 130.000 ptas., (781,32 euros).
Lote 4: monitores.
Orzamento: 2.700.000 ptas., (16.227,33 euros).
Garantía provisional: 54.000 ptas., (324,55 euros).
Lote 5: respirador portátil bipap.
Orzamento: 1.350.000 ptas., (8.113,66 euros).
Garantía provisional: 27.000 ptas., (162,27 euros).
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 45%.
Características técnicas e prestacións: 30%.
Servicio de asistencia técnica: 25%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hos
pitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 25 de maio de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xeral do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña