Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración do equipamento de anestesia e reanimación, plan de necesidades 1999. (C.P. 116/1999).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orden do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: equipamento de anestesia e reanimación. Plan de necesidades 1999.

Orzamento: 31.500.000 ptas. (189.318,81 euros).

Garantía provisional: 630.000 ptas. (3.786,38 euros).

Lote 1: respiradores volumétricos.

Orzamento: 13.500.000 ptas., (81.136,63 euros).

Garantía provisional: 270.000 ptas., (1.622,73 euros).

Lote 2: monitores para camas de críticos.

Orzamento: 18.000.000 de ptas., (108.182,18 euros).

Garantía provisional: 360.000 ptas., (2.163,64 euros).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: 15 días a partir da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 45%.

Características técnicas e prestacións: 30%.

Servicio de asistencia técnica: 25%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licictadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 25 de maio de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña