Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítmo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de vestiario de persoal e enfermos. (C.P. 74/1999).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j), da Orden do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e con a autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: vestiario persoal e enfermos.

Orzamento: 24.268.500 ptas., (145.856,62 euros).

Garantía provisional: 485.370 ptas., (2.917,13 euros).

Lote 1: bata branca (talles).

Orzamento: 3.369.400 ptas., (20.250,50 euros).

Garantía provisional: 67.388 ptas., (405,01 euros).

Lote 2: pixama branco (talles).

Orzamento: 2.305.500 ptas., (13.856,33 euros).

Garantía provisional: 46.110 ptas., (277,13 euros).

Lote 3: zapato branco (talles).

Orzamento: 5.073.600 ptas., (30.492,95 euros).

Garantía provisional: 101.472 ptas., (609,86 euros).

Lote 4: zoco antiesvar. cociña (talles).

Orzamento: 950.000 ptas., (5.709,61 euros).

Garantía provisional: 19.000 ptas., (114,19 euros).

Lote 5: Bata verde quirófano (talles).

Orzamento: 2.700.000 ptas., (16.227,33 euros).

Garantía provisional: 54.000 ptas., (324,55 euros).

Lote 6: camisión señora (talles).

Orzamento: 3.132.000 ptas., (18.823,70 euros).

Garantía provisional: 62.640 ptas., (376,47 euros).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación e o resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración, se é o caso, a partir do día seguinte a la firma do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artígos: 30%.

Servicio técnico da subministración: 10%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadors: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

Presentación das ofertas: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 24 de maio de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña