O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j), da
Orden do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e con a autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: roupas e panos.
Orzamento: 26.860.000 ptas., (161.431,85 euros).
Garantía provisional: 537.200 ptas., (3.228,64 euros).
Lote 1: funda branca almofada 100x45 cm.
Orzamento: 2.429.000 ptas., (14.598,58 euros).
Garantía provisional: 48.580 ptas., (291,97 euros).
Lote 2: sába branca 270x160 cm.
Orzamento: 15.510.000 ptas., (93.216,98 euros).
Garantía provisional: 310.200 ptas., (1.864,34 euros).
Lote 3: manta cameira 250x140 cm.
Orzamento: 810.000 ptas., (4.868,20 euros).
Garantía provisional: 16.200 ptas., (97,36 euros).
Lote 4: pano verde 100x100 cm.
Orzamento: 4.240.000 ptas., (25.482,91 euros).
Garantía provisional: 84.800 ptas., (509,66 euros).
Lote 5: toalla branca lavabo 100x50 cm.
Orzamento: 3.871.000 ptas., (23.265,18 euros).
Garantía provisional: 77.420 ptas., (465,30 euros).
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: a primeira entrega a ós 15 días da adxudicación e o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración, se é o caso, a partir do día seguinte a la sinatura do contrato.
Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artígos: 30%.
Servicio técnico da subministración: 10%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan
Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 24 de maio de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña