Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación da subministración do mobiliario para a nova sede do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de subministración, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

c) Nº de expediente: 625.1/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración do mobiliario para a nova sede do Instituto Galego de Estatística.

b) Número de unidades: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: na nova sede do IGE, sita en San Lázaro.

d) Prazo de entrega e instalación: 25 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.683.000 pesetas, 124.307, 33 euros.

5. Garántia provisional: 413.660 pesetas, 2.486,15 euros.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. C.P. 15702. Teléfono: 981 54 13 21, e Fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, o ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Aperturas das ofertas: o quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística