Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-87/98 incoado por infracción á Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se lle notifica á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997 de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11-7).

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº, 189 do 9-8-1993) e no Decreto 482/1997 do 30 de decembro

(DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 12 de maio de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente Nº: C-87/1998

Denunciado: Jose Luis Juiz Gómez.

DNI: 34.248.300

Enderezo: Río Oribio, Nº 9-2º-Lugo.

Feito denunciado: cazar en terreo cinexético especial sen estar en posesión do preceptivo permiso de couto, negándose a entrega-la arma, o día 15-11-1998, no monte Portaxe, couto Lu-10.104.

Precepto sancionador: 58.27º da Lei 4/97

Sanción: 150.000 pesetas de multa.

Retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la durante dous anos.