O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración Hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:
-Mellora das captacións e abastecementos de auga en Tamagos, Cabreiroá, Tamaguelos e Abedes. (Verín-Ourense).
Adxudicatario: Movex Vial, S.L.
Orzamento: 34.725.000 ptas.
-Abastecemento e saneamento en Verín-primeira fase. (Verín-Ourense).
Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.
Orzamento: 165.139.000 ptas.
-Saneamento e reposición de servicios en Piloño. (Vila de Cruces-Pontevedra).
Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.
Orzamento: 30.477.022 ptas.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 1999.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia