Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-109/98 incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/97, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de

Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº.70-1ª planta.

Lugo, 12 de maio de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente Nº: P-109/98

Denunciado: Juan Argerey Rios.

DNI: 33.860.645.

Enderezo: Tino Grandío, Nº 26-10 A-Lugo.

Feito denunciado: pescar no río Miño, inmediacións da Ponte da estrada vella de Santiago, carecendo da preceptiva licencia de pesca, o día 18-4-1998.

Precepto sancionador: Art.34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por período dun ano.