Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos predios afectados pola construcción da ampliación da subestación de Cartelle 400/220 kV. (Expediente 95/050-modificado).

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 7 de abril de 1999 (DOG do 26 de abril e BOP do 30 de abril) foi declarada a utilidade pública do proxecto de obras de ampliación da subestación de Cartelle 400/220 kV.

A dita declaración de utilidade pública, segundo o establecido no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica

a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

En cumprimento e execución do citado artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, convócanse os propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados, que se insiren na relación que se xunta á presente convocatoria, para que no día e hora que nela se expresan comparezan na casa do Concello de Cartelle, situada en Outomuro, rúa Toxal, 1, para o obxecto de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, con traslado posterior ó predio, se fose necesario.

Ó dito acto deberán asistir por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando o documento nacional de identidade, os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo do imposto sobre bens inmobles, podéndose acompañar, pola súa conta, de perito ou notario, se o coidan oportuno.

De acordo co artigo 56.2º do vixente Regulamento de expropiación forzosa, os titulares e interesados poderán formular por escrito perante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, situada na rúa Curros Enríquez, 1-4º, Ourense, desde a publicación deste anuncio e dos demais previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e ata o levantamento de actas previas á ocupación, cantas alegacións consideren oportunas para os únicos efectos de emenda-los posibles erros que se puideran padecer ó relaciona-los bens e dereitos afectados.

As características e demais datos das afeccións e convocatoria son as que figuran na relación anexa, con independencia da notificación por cédula, que nos mesmos termos se lles practica ós afectados.

Así mesmo, a presente publicación realízase para os efectos de notificación previstos no punto 4º do artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No expediente expropiatorio, Red Eléctrica de España, Sociedad Anónima asume a condición de entidade beneficiaria.

Ourense, 25 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de afeccións por expropiación forzosa

Ampliación subestación eléctrica de Cartelle de 400/220 kV

Termo municipal de Cartelle

Datos do predioAfecciónActas previas

Nº parcela

segundo

proxecto

Propietario e enderezo

Lugar

Parcela nº

segundo

catastro

Políg. nº

Superficie

que se vai

expropiar

(m)

Uso do terreo

Día

Hora

2Manuel Álvarez López

Emilio Álvarez López

32820 Cartelle (Ourense)

Catastro: Osoria López López

As Motas3686190Monte baixo e piñeiros16-6-199910.30

3David Pérez Villar

32820 Reigoso-Cartelle (Ourense)

Catastro: Antonio Pérez Rodríguez

Cuchiño688580Monte baixo e piñeiros16-6-199911.30