Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/146-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., Eirís-Linares Rivas (liña 19).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: do C.T. Novoa Santos sairán dúas L.M.T.S., a 15/20 kV en conductor R.H.V.-240 mm Al, de 85 e 95 m respectivamente, a primeira que discorre r/ Novoa Santos e Xeneral Sanjurjo ata a conexión coa L.M.T.S. a C.T. Long, e a seguinte que discorre pola r/ Novoa Santos ata a conexión coa L.M.T.S. a C.T. Efisa. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña