Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. San Pedro-O Ventorrillo (liña 2).
Situación: A Coruña.
Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 480 m de lonxitude en conductor R.H.V.-240 mm Al, que parte do centro de reflexión do Ventorrillo e remata no C.T. Andrés Gaos. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 3 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña