Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración consistente na adquisición de mobiliario para a unidade de farmacoterapia xeriátrica na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co establecido no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais das consellerías da Xunta de Galicia.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración consistente na adquisición de mobiliario para a unidade de farmacoterapia xeriátrica na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

Obxecto: adquisición de mobiliario de farmacoterapia xeriátrica consistente en: 5 armarios para almacenamento de pastilleiros, 6 carros con pastilleiros e 1 carro portabandexas e pastilleiros módulos.

Orzamento: 5.000.000 de ptas. (cinco millóns de pesetas) (euros 30.050,61).

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de entrega: 1 mes desde a sinatura do contrato.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: dispénsase a garantía provisional.

Fianza definitiva: 4% do orzamento.

1. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en días hábiles, das 9 ás 14 horas.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, nas formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

3. Lugar e prazo de presentación de propostas: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, Avda. Cánovas del Castillo, s/n, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de

contratos do Estado, comunicando o mesmo día a esta delegación provincial mediante telegrama ou telefax.

4. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este a documentación persoal, a proposta económica e as referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de propostas: realizaraa a mesa de contratación o décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avenida Cánovas del Castillo, s/n ás 10 horas en acto público. Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

7. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de maio de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra