Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/176-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. subestación Balaídos-Samil I.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 2.140 m de lonxitude, desde la subestación Balaídos ata o empalme con L.M.T.S. existente ó C.T. Samil I, no camiño garita, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra