Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 26/1999, que neste
xulgado se segue por furto, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:
«En Santiago de Compostela, o 26 de febreiro de 1999, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz accidental do Xulgado de Instrucción número seis desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia 26/1999, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública, doutro, como denunciante David Araújo Vilar; como denunciados Felipe Valente Santos e Víctor Manuel González Gao.
Que debo condenar e condeno a Luis Felipe Valente Santos como autor dunha falta de furto á pena de tres fins de semana de arresto e ó aboamento das custas. Absólvese a Víctor Manuel González Gao polos feitos xulgados.
Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que así conste e lle sirva de notificación a Miguel González Gao, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado
4648.