Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.894

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (419/1998).

En Santiago de Compostela o 28 de abril de 1999, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fai constar que, con data do 5 de febreiro de 1999, se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 419/1998, seguido por lesións en agresión, ocorrido no Milladoiro-Ames o día 21 de setembro de 1998, coa parte dispositiva seguinte:

Debo absolver e absolvo a Francisco Javier Cidón Hidalgo da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio.

E así o fago constar e expido a presente cédula para a súa notificación ó denunciado, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, instruíndoo de que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado de acordo co disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACr.

A secretaria

Rubricado