Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.893

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (117/1999).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e baixo o número 117/1999 se tramita xuízo universal de quebra do comerciante Servi-Sport Santiago, S.L., con domicilio social en Santiago de Compostela, r/ Restollal, 39-1º, téndose acordado por autos desta data declara-la entidade referida en estado de quebra voluntaria, na que se designou comi

sario da quebra a Carmelo Fraile Renieblas e depositario a José Luis Folqueral Martínez, retrotraéndose sen prexuízo de terceiro, os efectos da quebra ó día 6 de abril de 1999.

Advírteselles ás persoas que tivesen no seu poder bens pertencentes ó quebrado, que deberán facer manifestación deles ó comisario, baixo apercibimento de complicidade e aqueloutras que lle deban cantidades ó quebrado, fagan entrega delas ó depositario baixo apercibimento de non reputarse lexítimo o pagamento.

Decretouse a acumulación a este xuízo universal de tódolos preitos e execucións que houber con excepción dos que a lei exclúe. Así mesmo, acordouse a retención da correspondencia.

Santiago de Compostela, seis de maio de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado