1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.
c) Trazado, datos básicos e localización:
1. Liña de media tensión aérea ó C.T. Rego Pequeno, a 20 kV, con orixe no apoio nº 21 L.M.T. Vilares-Mato-Penediño e remate no C.T. proxectado de Rego Pequeno, cunha lonxitude de 0,687 km, con
ductor L.A. 56/54,6 mm e nº apoios/tipo 3 H.V.-2 H.V.H. 1/C.H.
2. Centro de transformación intemperie Rego Pequeno, situado en Rego Pequeno de 50 kVA.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 26 de abril de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 46/1998 A.T.Provincia: Lugo
L.M.T., C.T., R.B.T. Ferreiros, Rego PequenoTermo municipal: Guitiriz
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Paraxe Cultivo Nome e apelidos Enderezo Nº apoio m ml m
2 Tras das Zarzas Monte alto Mª Antonia Felpeto Fdez. y Hna. Da Atadoira, Belesar, 27814-Vilalba 58 928