Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 6 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P. 15/1998 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase á Panadería Berdiales propiedade de Antonio Álvarez González, a resolución do expediente sancionador P. 15/1998 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, e que consta nos locais da Consellería de

Sanidade e Servicios Sociais, Servicio Técnico Xurídico (San Caetano), para que o expedientado poda ter coñecemento dela.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con esta sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recaudación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde nº 001-014017-2 do Banco Bilbao-Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: P. 15/1998.

Denunciado: Panadería Berdiales (Antonio Álvarez González).

Último enderezo coñecido: María Berdiales, nº 8 Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Artigo 35 da Lei 14/1986 (xeral de Sanidade). Artigo 2.3.1. e 2.3.4. do R.D. 1945/1983. Artigo 7.3º do R.D. 2207/1995.

Sancionador: Lei 14/1986 (xeral de Sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 2.000.000 de ptas.