Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 11 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 4 de marzo de 1999 dictada no expediente sancionador de Ourense OU-096/1998, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/99, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número OU-096/1998, incoado contra ó entón titular do establecemento de restaurante denominado Xandos, situado na estrada de Laza, 11, de Verín (Ourense) xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase a súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3-6-1987).

Expediente: OU-096/1998.

Denunciado: Juan Antonio Martínez Rodríguez.

Establecemento: restaurante Xandos.

Domicilio: estrada de Laza, 11.

Localidade: Verín (Ourense).

Resolución: 4 de marzo de 1999.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997.

Sanción: trescentas mil (300.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo