Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/156-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo Social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Caleira.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V, de 135 m de lonxitude, desde a L.M.T.S existente en Castrelos, á altura

do cruzamento das rúas Gándara e Caleira, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Caleira, concello de Vigo, rematando na mesma liña C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra