Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/168-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T. Ramón Aller 68.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z, desde a L.M.T. ó C.T. Feria ata o C.T. que se proxecta en Ramón Aller 68, concello de Lalín. C.T de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra