Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Busto-Axencia.
Situación: Marín.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o C.T. Busto ata o C.T. axencia, concello de Marín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 14 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra