Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Automóviles de Tuy, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 16-4-1999. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 26 de abril de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Táboa de salarios
Categorías Pesetas Transp. Ent. Re.
Gratif.
Gratif.
-Persoal administrativo Oficial de primeira 98.155 mes 4.900 mes - Oficial de segunda 91.394 mes 4.900 mes - Auxiliar administrativo 86.034 mes - - Aspirante (salario mínimo segundo idade)
-Persoal de movemento Inspector 3.348 día 4.900 mes - Conductor 3.294 día 4.900 mes - Conductor-perceptor 3.294 día 4.900 mes 2.177 mes Cobrador 2.860 día 4.900 mes 2.177 mes
-Persoal de taller Xefe de taller 123.258 mes 4.900 mes - Oficial de primeira 3.379 día 4.900 mes - Oficial de segunda 3.294 día 4.900 mes - Oficial de terceira 3.170 día 4.900 mes - Mozo de taller 2.773 día 4.900 mes - Aprendices (salario mínimo segundo idade)
Lavacoches 87.665 mes 4.900 mes -
Vendedores de billetes 90.666 mes - -