Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 162/1999, do 20 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de E.P. 7804 ponte sobre o río Bafín de Agro do Mestre a Santiago de Compostela (programa de actuación da rede provincial de estradas-Plan 2000 de Estradas-), 1ª fase 1998.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de C.P. 7804 ponte sobre o río Bafín de Agro do Mestre a Santiago de Compostela (programa de actuación da rede provincial de estradas), Plan 2000 Estradas 1ª fase 1998 e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns que fan necesaria a urxente execución das citadas obras, tal como o pavimento das estradas, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, circulación de vehículos pesados e puntos negros, e evitar deste modo o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Gali

cia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de C.P. 7804 ponte sobre o río Bafín de Agro do Mestre a Santiago de Compostela (Programa de actuación da rede provincial de estradas) Plan 2000 Estradas 1ª fase 1998.

Santiago de Compostela, vinte de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais