Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO relativo á asunción pola Deputación Provincial de Lugo de funcións delegadas polo Concello do Páramo en materia de recadación.

Con data do 25 de febreiro de 1999, a Presidencia desta deputación provincial adoptou resolución pola que se aceptan as competencias delegadas polo Concello do Páramo, en materia de recadación en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e taxa de recollida de residuos sólidos do Concello do Páramo, con suxeición ás cláusulas do convenio, formalizado entre ámbalas entidades con data do 4 de outubro de 1995.

O que se fai público para os efectos do establecido no artigo 7.2º da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais, en concordancia cos artigos 8 e 13.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo

Rubricado

O secretario da Deputación Provincial de Lugo

Rubricado