Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle U.E. IV-04 Ramón Nieto, 1 (expediente 5108/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión que tivo lugar o día 14 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.E. IV-04 Ramón Nieto, 1, conforme a documentación presentada pola entidade Edificaciones y Desarrollos Inmobiliarios Galaicos, S.A., redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, e visado polo COAG con datas do 11 de febreiro, 25 de marzo e 22 de abril.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a insercion de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primiera publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo