Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
contrata execución esixida
Obra Orzamento
Prazo
Clasificación
104 ZAE 99 Baralla.-Pavimentación de rúas, axardinamento e mobiliario infantil e pérgola praza Maior 19.850.000 5 meses -
253 P.O.L. 99 O Páramo.-Depósito e distribución de auga no cuarto sector 10.000.000 6 meses -
257 P.O.L. 99 A Pontenova.-Abastecemento de auga ó núcleo de Chousa de Abaixo de Vilaoudriz 10.000.000 2 meses -
266 P.O.L. 99 Triacastela.-Abastecemento auga a Cancelo 12.649.316 3 meses -
278 P.O.L. 99 O Vicedo.-Saneamento en Xilloi 10.000.000 3 meses -
280 P.O.L. 99 Viveiro.-Saneamento en Lavandeiras e conexión á rede xeral 12.000.000 3 meses -
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación Provincial de Lugo.
b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Teléfono: 982 25 10 42.
e) Fax: 982 24 49 62.
f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste
edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».
c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10 ás 14 horas.
1. Entidade: deputación.
2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
3. Localidade e código postal: Lugo-27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes do proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: deputación.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 19 de maio de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo