Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a prestación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na provincia de Pontevedra.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 33), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento de concurso seguinte:

Obxecto: prestación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na provincia de Pontevedra.

Lotes:

Lote 1: fisioterapia e rehabilitación funcional na área norte (Pontevedra).

Lote 2: logopedia na área norte (Pontevedra).

Lote 3: atención temperá na área norte (Pontevedra).

Lote 4: fisioterapia e rehabilitación funcional na área sur (Vigo).

Lote 5: logopedia na área sur (Vigo).

Lote 6: atención temperá na área sur (Vigo).

Lote 7: atención temperá na área do Salnés.

Adxudicación:

Data: 22 de abril de 1999.

Adxudicatario: lote 1: Blanca Ana García Rodríguez (Fimega).

Lote 2: deserto.

Lote 3: deserto.

Lote 4: Centro de Fisioterapia y Rehabilitación Ntra. Sra. de la Esperanza, S.L.

Lote 5: Hogar y Clínica de San Rafael.

Lote 6: Hogar y Clínica de San Rafael.

Lote 7: deserto.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de

Recursos Económicos