Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dos traballos de campo para a enquisa continua de ocupación hoteleira e de expectativas hoteleiras.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública á adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.1/30/02.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de campo para a enquisa continua de ocupación hoteleira e de expectativas hoteleiras.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 60, do 29 de marzo de 1999.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 6.600.000 pesetas, 39.666,80 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de maio de 1999.

b) Empresa adxudicataria: Obradoiro de Socioloxía, S.L.

c) Importe: 5.166.228 pesetas, 31.049,66 euros.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

J. A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística