Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador simplificado 36/17/99, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de

novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á empersa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador simplificado nº 36/17/99, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado, para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 36/17/99.

Inculpado: Sico-Venta Directa, S.A.

Enderezo: r/ Banco de España, 3-1º 48005 Bilbao.

Motivos: negativa a facilitar información.

Data da iniciación: 13-4-1999.

Pontevedra, 4 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra