Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Begonte (Polígono A).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Sto. Domingo, nº 6-5º de Lugo, nas horas de 10 a 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 15 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte (agás sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 25 de maio de 1999.

Rubricado