Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Abastecemento ó Centro de Exposicións Permanente de Buño e núcleos de Rabuceiras, Piñeiro e outros. (Malpica de Bergantiños-A Coruña).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 31.999.267 ptas.

-Redes xerais de abastecemento e saneamento en vilas das parroquias de Santa Mariña e Folgoso. (Allariz-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 42.900.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento a Zacarade, Carballal, O Tellado, Guimarás, Pedriña, Barro, O Quinteiro e Candosa. (O Irixo-Ourense).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 33.616.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento na Alberguería. (Laza-Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 28.885.000 ptas.

-Saneamento da parroquia de Figueiró. (Tomiño-Pontevedra).

Adxudicatario: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

Orzamento: 70.882.000 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia