Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de referencia: OU 04/99-AN (animais-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por presuntas infraccións á

Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo dun mes (30 días hábiles), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro

de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia; de non se-lo caso, esta será firme para tódolos efectos.

Ourense, 5 de maio de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 04/99-AN.

Denunciado: Manuel Rodríguez Blanco.

DNI: 76.710.130.

Derradeiro enderezo coñecido: Castadón-O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Feito probado: ter un can sen mante-las debidas proteccións de seguridade.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 25 g) do Decreto 153/1998, do 2 de abril polo que se aproba o regulamento da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 15.000 ptas.