Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO de licitación.

Por acordo da Comisión de Goberno, de data 19-4-1999, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na adxudicación das obras que se describirán, prego que se expón ó público polo prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, para os efectos de presentación de reclamacións. Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazaría no suposto de que se formulasen reclamacións contra o referido prego, circunstancia que se faría pública mediante edicto.

a) Entidade contratante: Concello de Cambados.

b) Obxecto do contrato: execución das obras previstas no proxecto técnico de restauración e ampliación da Casa Ricoy para museo etnográfico e do viño.

c) Tramitación, procedemento e forma: tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

d) Tipo de licitación: 79.664.537 ptas. (IVE incluído).

e) Prazo de execución: 12 meses.

f) Garantías: provisional 1.581.832 ptas. equivalente ó 2% do tipo de licitación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 da LCAP.

g) Información: facilitarase na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, xunto coa copia íntegra do prego de cláusulas.

h) Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en sobres pechados, cos requisitos e documentación relacionada na cláusula 9ª do prego.

i) Apertura de plicas: o acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Cambados, ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado no DOG para a presentación de proposicións. Se coincide en sábado ou en festivo o dito acto trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. O devandito acto será público.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., maior de idade, veciño/a de..., con domicilio en ..., con DNI número..., no seu propio nome (ou en representación de...), como acredita con ..., informado/a da convocatoria de licitación, por procedemento aberto, mediante a forma de concurso, anunciada no DOG nº... do..., toma parte nela e comprométese a realiza-las obras de restauración e ampliación da Casa Ricoy para museo etnográfico e do viño, no prezo de... ptas. (letra e nº), IVE incluído, axustándose ó proxecto técnico e ó prego de cláusulas administrativas particulares, os que acepta integramente, sen salvidade ningunha, e declara que non se atopa incurso/a en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da LCAP (lugar, data e sinatura do/a interesado/a).

(O pé) Alcalde-presidente do Concello de Cambados.

Cambados, 3 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado