Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.708

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o 14-4-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de abril de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1999

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo terá aplicación no centro e traballo de Hasenosa, do polígono industrial das Gándaras de Budiño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da sinatura no centro de traballo aludido no artigo anterior, así como ós que posteriormente se incorporen ós resepctivos cadros de persoal. O persoal directivo queda excluído da aplicación do convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura, sen prexuízo de que as condicións económicas se apliquen desde o día 1 de xaneiro de 1999. Terá vixencia dun ano e rematará o 31 de decembro de 1999. Este convenio quedará automaticamente denunciado tres meses antes do seu vencemento; non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e retroactivas desde o 1 de xaneiro de 1999, respectándose as condicións máis beneficiosas en cómputo anual que na actualidade estean como dereitos adquiridos ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por dous membros de cada unha das partes social e económica.

Artigo 6º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e estea afectado polo presente convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixo ou eventual.

Artigo 7º.-Horario de traballo.

Acórdase como referencia que a xornada laboral será de 1.800 horas anuais, para este e sucesivos convenios. A dita xornada adaptarase ó calendario laboral de común acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa empregará o persoal cunha capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan outros postos. Igual creiterio se seguirá con quen se atope en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Vacacións.

O persoal desfrutará de 22 días laborables de vacacións ó ano ou da parte proporcional ó tempo traballado.

Será optativo por parte da empresa da-las vacacións en dous períodos anuais como máximo e por preferencia entre os traballadores con cargas familiares e con máis antigüidade, comprendidas estas entre os meses de xuño a setembro. Ningún traballador se verá obrigado a desfruta-las súas vacacións mentres estea en situación de baixa. Pola contra, a baixa ocorrida en período vacacional non interromperá o desfrute destas.

As datas das vacacións poranse en coñecemento do traballador polo menos con dous mese de anticipación ó seu desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

Concederánselles ós traballadores do presnete convenio que así o soliciten as licencias nos casos seguintes sen perda de retribución:

1. Matrimonio do traballador, 15 días naturais.

2. Enfermidade grave de familiares de primerio grao ou hospitalización con intervención cirúrxica, 3 días se é dentro da provincia e 5 se sucedese fóra dela. Esta lecencia poderá continuarse sen dereito a remuneración e logo do certificado médico.

3. Nacemento dun fillo, 3 días naturais.

4. Morte do cónxuxe, ascendentes ou descendentes, 5 días naturais.

5. Morte de familiares políticos do mesmo grao, tendo como límite os supostos de avós e netos, 2 días naturais se o falecemento se produce dentro da provincia; se se produce fóra, 3 días naturais.

6. O cumprimento dun deber público inescusable, disposto polas leis e disposicións vixentes, o tempo indispensable.

7. Cambio de domicilio, 2 días naturais.

8. Matrimonio de fillo, sempre que se celebre en día laborable, 2 días naturais.

9. As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fracción. A muller poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que deberá producirse ben ó comezo ou ben ó final da xornada laboral.

10. Cando haxa que acudir a probas de recoñecemento médico en centros sanitarios, o tempo necesario logo da xustificación médica. Para consultas médicas, 4 horas para todo o persoal, sempre e cando se reintegren ó posto de traballo o resto da xornada.

11. En ningún caso o tempo concedido en concepto de licencia poderá ser descontado do período de vacacións que lle corresponda ó traballador.

12. As licencias concedidas ós representantes sindicais serán aboadas ó 100% das súas retribucións, considerando a media dos últimos 30 días. Para o

resto das licencias aboaranse tódolos conceptos salariais fixos, con excepción dos complementos salariais por cantidade ou calidade de traballo.

Para efectos das correspondentes licencias, recoñeceranse as parellas de feito.

Artigo 11º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Salarios.

Serán os que para cada categoría se fixen na táboa anexa. No recibo mensual de salarios figurarán debidamente detallados os importes seguintes: salario base, gratificación de convenio, gratificación de transporte, antigüidade, horas extras e plan de pensións.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade establécese por quinquenios de contía de 7% do salario base do convenio vixente en cada momento. Cada quinquenio farase efectivo a partir do primeiro de xaneiro do ano en que se devengue.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria, ou en virtude de acordo entre traballador e empresa compensaranse por tempo equivalente de descanso retribuído.

As horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables remuneraranse incrementando o valor da hora ordinaria nun 75%.

En calquera caso, as horas extraordinarias feitas por motivo de avarías remuneraranse en tódalas circunstancias co valor da hora ordinaria. Na sección de mantemento tódalas horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables, incluídas as realizadas por motivos de avaría, remuneraranse incrementando a hora ordinaria nun 25%.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a catro pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade de salario, gratificación de convenio e antigüidade. Todo traballador con contrato fixo ou indefinido poderá solicita-lo anticipo das pagas extras correspondentes a tres anos como máximo, sempre que sexa por causa xustificada, entendéndose esta como a adquisición ou reforma de vivenda, compra de vehículo e enfermidade grave. A empresa comprométese a atender esta solicitude sempre que a súa situación económico-financiera llo permita, e cun máximo de cinco solicitudes anuais.

Artigo 16º.-Gratificación de transporte.

Tódolos traballadores percibirán unha gratificación de transporte na contía de 5.500 ptas. mensuais.

A todo o persoal que resida a máis de 12 km da situación da empresa incrementaráselle a gratificación de transporte en 9.500 ptas./mes.

Artigo 17º.-Carga e descarga.

A carga, descarga e estiba dos trigos, fariñas, sémolas e subproductos, sempre que os vultos superen os 50 kg netos de peso unitario, será realizada por dous homes.

Na descarga de camións, cando a distancia entre estes e o almacén da panadería supere os 20 m, poñerase á disposición dos traballadores unha carreta ou vehículo similar para facilita-la dita operación.

Artigo 18º.-Premio de xubilación.

Se ó producirse a xubilación o traballador acreditase unha antigüidade superior a 20 anos, percibirá unha paga consistente na cantidade de tres mensualidades. Considérase, xubilación aquela obtida ó cumpri-la idade, segundo a lei vixente, ou a xubilación anticipada, por calquera motivo.

Artigo 19º.-Complemento por accidentes de traballo.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo terá un complemento do 100% do salario real, é dicir, percibirá o mesmo tipo de salario que se estivese traballando. Con referencia á ILT debida a enfermidade, tamén se percibirá o 100% do salario, excluída a gratificación de transporte.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes con cobertura 24 horas/día.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación dunha póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

a) Por morte do traballador: os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirá a cantidade de 15.000.000 de ptas.

b) Por invalidez permanente total e invalidez absoluta: o traballador percibirá a cantidade de 15.000.000 de ptas.

c) Por grande invalidez percibirá a cantidade de 15.000.000 de ptas.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para realizar tódalas tarefas fundamentais da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador en incapacidade permanente absoluta e

que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a sistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos como os que estean por contratos eventuais, sempre que este contrato sexa por períodos mínimos dun ano.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros; a copia oficial seralle entregada ó comité de empresa ou representante sindical.

Artigo 21º.-Aumento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1999 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa salarial anexa, que supoñen un incremento lineal de 5.000 ptas. na gratificación de convenio.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada habitual de traballo, por un tempo de tres ou máis horas ó día, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 2.000 ptas. por día e traballador.

Artigo 23º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa respectará as garantías dos representantes dos traballadores, de acordo, en todo momento, coas normas que para tal efecto contén o Estatuto dos traballadores. Nos casos de despedimento por causas tecnolóxicas, organizativas ou de producción, o representante sindical terá unha garantía de permanecer na empresa sen afectarlle ningunha destas causas. Esta garantía prolongarase durante os dous anos seguintes ó cesamento no cargo.

Artigo 24º.-Quenda de noite.

Considérase quenda de noite a realizada entre as dez da noite e as seis da mañá. As horas nocturnas remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria.

Artigo 25º.-Degradación profesional.

Todo aquel traballador que teña unha categoría profesional recoñecida, non poderá ser degradado con respecto á súa categoría, afectando á súa dignidade profesional.

A limpeza dos postos de traballo será efectuada polos seus correspondentes operarios e a xeral da fábrica, com ata agora, polo persoal da fábrica no día da semana que se designe, e sempre dentro do cómputo do horario semanal.

Artigo 26º.-Revisión de categorías profesionais.

Os ascensos produciranse sempre de acordo coa empresa e os representantes dos traballadores, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade destes, así como as facultades organizativas do empresario.

Sempre que un traballador realice funcións superiores á súa categoría recoñecida, por un período superior a seis meses, o traballador terá dereito a reclama-lo ascenso correspondente á función superior desempeñada.

O dito no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de suplencia por baixa de enfermidade, accidente ou vacacións.

Hasenosa organizará cursos de formación de perfeccionamento profesional en función das necesidades creadas pola evolución da tecnoloxía e técnicas de xestión, así como cursos específicos de seguridade, prevención de riscos, ambiente e primeiros auxilios.

Os cursos organizaranse sempre que as necesidades da empresa o permitan, dentro da xornada de traballo ou, no seu defecto, noutras horas pero co desconto naquela do tempo investido nela, sempre que a asistencia ó curso sexa de interese e por iniciativa da empresa. En tódolos demais casos, entenderase que a asistencia ó curso é voluntaria por parte do traballador e non procederá ningún tipo de desconto.

O delegado de persoal participará na elaboración dos plans de formación en tódalas etapas de desenvolvemento destes.

Artigo 27º.-Seguridade e saúde laboral.

A empresa comprométese a continuar coas obrigas establecidas na Lei de prevención de riscos laborais (8-11-1995) no relativo ó contido dos artigos 3º e 4º sobre o plan e programa de actuación preventiva e avaliación de riscos, plan de emerxencia, información e formación dos traballadores e vixilancia da saúde destes en relación cos riscos.

Artigo 28º.-Bolsa de estudios.

A empresa subvencionará a tódolos traballadores con contrato fixo-indefinido ou eventual de máis dun ano, cunha cantidade de 20.000 ptas. por fillo que acredite estar matriculado en calquera centro de ensino, oficial ou privado, debidamente recoñecido. A dita cantidade seralle aboada ó traballador o 31 de agosto de cada ano.

Artigo 29º.-Plan de pensións.

Seguindo o acordo asinado o ano anterior, 1998, as contribucións, por contía de 10.000 pesetas/mes/traballador faranse de acordo coa seguinte porcentaxe: 60% a empresa e 40% o traballador. Estas cantidades incrementaranse anualmente un 3%. As demais condicións do plan quedan recollidas nun protocolo especial que se anexionará ó presente convenio.

Artigo 30º.-Traballadores pertencentes a empresas de traballo temporal e outros contratos de duración determinada.

Para aqueles empregados que traballen por conta de empresas de traballo temporal por un período

de tempo continuado superior a dezaoito meses, demostrando así a súa capacidade e necesidade, Hasenosa considerará a posibilidade de modificárlle-la súa relación contractual elixindo o tipo de contrato que coide máis oportuno.

Naqueloutros contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas e exceso de pedidos, regulados na Lei 63/1997, do 26 de decembro, as partes remítense expresamente no relativo á duración máxima e período dentro do cal poden pactarse, ó que para o efecto se estableza no seguinte convenio colectivo sectorial de empresas do sector da alimentación, nacional ou da provincia de Pontevedra, e ó seu contido nesta materia concreta adhírense. En todo caso e sempre ó abeiro do que se estableza no dito convenio sectorial, o período máximo dentro do cal se poderán realiza-los ditos contratos será de dezaoito meses, e a duración do contrato non poderá supera-las tres cuartas partes do período de referencia establecido.

Artigo 31º.-Infraccións e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa gradación de faltas e sancións que se expón a seguir:

a) Gradación de faltas: as faltas cometidas polo traballador serán cualificadas segundo a súa importancia, trascendencia e intención, en leves, graves e moi graves.

b) Faltas leves: considéranse faltas leves as accións e omisións seguintes:

-Pequenos descoidos na conservación do material e utensilios.

-O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, aínda cando sexa por breve tempo. Se o dito abandono implicase risco de prexuízo en consideración á empresa ou de accidente, ou constituíse un quebrantamento da disciplina, poderá ser considerada como grave ou moi grave.

-Non asistir ós recoñecementos médicos anuais, ou aqueloutros para os que fose requirido polo servicio médico como consecuencia de incapacidade temporal.

c) Faltas graves:

-A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as instalacións poderá cualificarse de moi grave.

-A embriaguez ou toxicomanía ocasional durante o traballo. Se diso derivase perigo para as persoas

ou as instalacións, poderá cualificarse como moi grave.

-A reincidencia en faltas leves dentro dos tres meses seguintes á sanción anterior.

d) Faltas moi graves:

-A embriaguez habitual ou toxicomanía no traballo.

-Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia, incumprindo as normas establecidas para a seguridade laboral.

-A reincidencia en falta grave, sempre que se cometa nos doce meses seguintes de ser sancionado pola anterior.

-Ordena-la realización de traballos ou tarefas de xeito que implique a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas ou as instalacións.

e) Sancións:

As sancións que a dirección poderá impor, atendendo á gravidade da falta e segundo as circunstancias que concorran en cada caso, serán as seguintes:

Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

-Despedimento disciplinario nos supostos nos que a falta se cualifique en grao máximo.

f) Procedemento:

A sanción das faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do representante dos traballadores, e este ultimo terá quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no punto anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

A dirección da empresa informará o representante dos traballadores sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

g) Prescrición:

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves, ós vinte días, e as moi graves, ós sesenta días, contados a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren.

Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora, formada:

a) Por parte da empresa: Roberto Pérez Suárez, presidente do Consello de Administración e Antonio Valcarce Avila, director xerente.

b) Pola representación social: Jesús Matilde Valladares e Mercedes González Prieto.

Táboa salarial convenio ano 1999

CategoríasTotal ano 1999Soldo base

mes 1999

Gratificación transporte mesGratif. convenio

mes 1999

DistanciaDist. )12 km

Titulados
Grao superior e asimilados3.956.04269.2705.5009.500172.963
Grao medio e asimilados2.863.95169.2705.5009.500104.707
Grao superior en prácticas2.137.43269.2705.5009.50059.300
Grao medio en prácticas1.596.01569.2705.5009.50025.461

Administración
Xefe administrativo4.503.93869.2705.5009.500207.206
Oficial primeira3.211.93969.2705.5009.500126.456
Oficial segunda2.699.21269.2705.5009.50094.411
Oficial terceira2.302.17169.2705.5009.50069.596
Secretaria2.382.69069.2705.5009.50074.628
Auxiliar primeira2.114.29569.2705.5009.50057.853
Auxiliar segunda1.944.00369.2705.5009.50047.210
Telefonista1.657.09869.2705.5009.50029.279
Aspirantes/bolseiros1.596.01569.2705.5009.50025.461

Factoría
Encargado xeral4.442.85669.2705.5009.500203.389
Especialistas3.263.76869.2705.5009.500129.696
Encargado de sección2.850.99469.2705.5009.500103.897
Oficial primeira2.574.73269.2705.5009.50086.631
Oficial segunda2.440.27669.2705.5009.50078.227
Oficial terceira2.302.17169.2705.5009.50069.596
Operario2.179.08169.2705.5009.50061.903
Peón1.868.59469.2705.5009.50042.497
Mozo1.596.01569.2705.5009.50025.461
Aprendiz1.577.50569.2705.5009.50024.304

Mantemento
Xefe mantemento3.530.31169.2705.5009.500146.354
Oficial primeira mantemento3.326.70269.2705.5009.500133.629
Oficial primeira mecánico/eléctrico3.197.13169.2705.5009.500125.531
Oficial segunda mecánico/eléctrico2.838.03769.2705.5009.500103.087
Oficial terceira mecánico/eléctrico2.160.57069.2705.5009.50060.746
Aspirante mecánico1.596.01569.2705.5009.50025.461

Laboratorio
Xefe laboratorio3.946.78769.2705.5009.500172.384
Xefe equipo3.530.31169.2705.5009.500146.354
Oficial primeira laboratorio3.345.87669.2705.5009.500134.827
Oficial segunda laboratorio3.077.32069.2705.5009.500118.043
Oficial terceira laboratorio2.833.56569.2705.5009.500102.808
Axudante primeira laboratorio2.612.21469.2705.5009.50088.973
Axudante segunda laboratorio1.990.27869.2705.5009.50050.102
Axudante terceira laboratorio1.780.33469.2705.5009.50036.981
Aspirante/bolseiro1.596.01569.2705.5009.50025.461

Comercial
Director comercial4.677.93269.2705.5009.500218.081
Xefe vendas3.583.99069.2705.5009.500149.709
Especialista en márketing3.544.77269.2705.5009.500147.258
Vendedor2.634.42769.2705.5009.50090.362