Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo entre Paradores de Turismo de España, S.A. e o persoal laboral do parador Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela.

Visto o expediente do convenio colectivo entre Paradores de Turismo de España, S.A. e o persoal laboral do parador Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 30-3-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de abril de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial de A Coruña

Convenio colectivo entre Paradores de Turismo de España, S.A. e o persoal laboral do parador Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela para 1998, 1999, 2000 e 2001

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais no Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a tódolos empregados do Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela, así como ós que sexan contratados durante a súa vixencia, exceptuándose da súa aplicación o réxime retributivo do nivel 1 que será pactado individualmente cos titulares dos postos do dito nivel, con respecto en todo caso dos mínimos que figuran nas táboas salariais. Non se aplicará en ningún dos seus aspectos ós cargos de confianza e asesoramento técnico non incluídos nas táboas salariais do presente convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

a) O presente convenio terá unha duración de catro anos, concretamente desde o 1 de xanbeiro de 1998 ata o 31 de decembro do 2001 e para cada un dos ditos tres exercicios observarase o que con carácter propio di o articulado.

b) Durante a vixencia do convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, poidan afectar ós traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación.

Artigo 4º.-Efectos económicos.

1. Para 1998 son os que, conforme se especifica en cada caso, resultan de aplicación dun incremento na masa salarial do 2,1 por cento respecto da de 1997, que afecta os conceptos económicos nos seguintes termos:

a) Salario base: incremento do 2,42 por cento.

b) Complemento ad personam: o 50 por cento da porcentaxe de incremento do salario base, é dicir, o 1,21 por cento.

c) Complementos persoais actuais: sen incremento.

d) Manutención: incremento do 2,10 por cento.

e) Traballos de superior categoría: incremento do 2,42 por cento.

f) Incentivos de ocupación: incremento do 2.10 por cento.

2. Para os anos 1999, 2000 e 2001, o incremento do salario base e demais conceptos económicos, será igual á previsión orzamentaria do IPC para cada un dos ditos exercicios. Serán de aplicación ó complemento ad personam e ós complementos persoais os criterios sinalados no punto precedente.

3. Reclasificacións. Os efectos económicos das reclasificacións das categorías profesionais sinala

das no anexo III deste convenio, efectuaranse na forma, prazos e condicións que se sinalan a seguir:

As reclasificacións faranse efectivas economicamente en tres partes. A aplicación destes tercios realizarase nos anos e cos condicionamentos seguintes: o primeiro tercio farase efectivo a partir do 1 de xaneiro do ano 1999 sempre e cando o nivel de ocupación do ano 1998 acadase a porcentaxe do 78 por cento. O segundo tercio farase efectivo a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 sempre e cando o nivel de ocupación do ano 1999 acadase a porcentaxe do 82 por cento. O terceiro tercio farase efectivo a partir do 1 de xaneiro do ano 2001 sempre e cando o nivel de ocupación do ano 2000 acadase a porcentaxe do 78 por cento.

4. Para aqueles traballadores non afectados pola reclasificación incrementarase a actual táboa de incentivo de ocupación no número de días e en relación coas porcentaxes seguintes: catro días no ano 1999 acadado no ano 1998 o 78 por cento de ocupación; catro días no ano 2000 acadado no ano 1999, o 82 por cento de ocupación; e catro días no ano 2001, acadado no ano 2000 o 78 por cento de ocupación.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes con dous meses de antelación ó seu vencemento. Unha vez denunciado, as partes comprométense a formaliza-la mesa negociadora no prazo de tres meses a partir de ser recibida a comunicación de denuncia.

Artigo 6º.-Compensación e vinculación á totalidade.

As condicións de traballo ou económicas pactadas no presente convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance polos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixados por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo. As condicións do presente convenio son consideradas como unha unidade indivisible, e non será válida ninguna delas se se suprimise algunha.

Artigo 7º.-Solución arbitral de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio asumen somete-las cuestións que se presenten en razón da súa aplicación, xa sexan discrepancias nas súas interpretacións ou conflictos ó sistema de arbitraxe vixente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mantense a comisión paritaria formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 8º.-Salarios.

As táboas salariais de 1998 son as que figuran no anexo I do presente convenio.

Artigo 9º.-Manutención.

Todo o persoal de calquera categoría que non faga uso do dereito de manutención, recibirá como compensación en metálico a cantidade de 3.324 ptas. mensuais en 1998.

Artigo 10º.-Complemento ad personam.

A) 1. Ós actuais perceptores do complemento ad personam, quer substituíu o anterior réxime de antigüidade, incrementaráselles aquel en cada ano de vixencia do convenio, no 50 por cento da porcentaxe de incremento do salario base.

2. Este complemento non é de aplicación a novas contratacións de persoal fixo e incrementarase cada ano no 50 por 100 da porcentaxe de incremento do salario base e mantense só mentres subsista a vinculación coa empresa.

B) Os empregados afectados polo sinalado na letra A) precedente percibirán por cada quinquenio de servicios efectivos prestados, contados en canto ó seu vencemento desde o 1 de xullo de 1996, a cantidade fixa de 7.000 pesetas mensuais por cada quinquenio que, devengado, se incorpora ó seu complemento ad personam.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións de decembro e de xullo serán de trinta días de salario base máis, se é o caso, complemento ad personam que substitúe o réxime de devengos por antigüidade, complementos persoais recollidos nas táboas salariais para os que o teñan recoñecido a título singular, se é o caso, e manutención.

Coa mesma base de cálculo no mes de setembro aboarase unha paga extraordinaria de quince días.

Os traballadores que se incorporen ó servicio militar ou prestación civil substitutoria terán dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e decembro sempre que prestasen servicio activo no establecemento polo tempo necesario para devenga-las ditas gratificacións. Durante os ditos períodos reservarase o posto de traballo e, se é o caso, ese tempo computará para efectos de quinquenios.

Artigo 12º.-Incentivo.

Con independencia dos diversos conceptos retributivos que contén este convenio, establécese en favor dos traballadores dese centro un devengo en función dos cuartos ocupados durante o ano, que se determinará do seguinte xeito:

Primeiro.-Cinco días de haber fixo cando a porcentaxe de ocupación media anual de cuartos sexa o 40% de ocupación real do hotel.

Segundo.-Dez días cando a porcentaxe media anual sexa do 50%.

Terceiro.-Un día máis por cada unidade enteira de aumento na porcentaxe real de ocupación, redondeándose a fracción cara ó número enteiro máis próximo.

Cuarto.-Tres días máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 60% de ocupación do hotel.

Quinto.-Catro días e medio máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 70% de ocupación do hotel.

Sexto.-Para efectos dos cálculos anteriores, así como os correspondentes ó punto 4 do artigo 4º e a disposición derradeira, a base sobre a que se calcula a porcentaxe será o número de cuartos dispoñibles de uso en cada momento, entendendo por dispoñibles todas excepto os afectados por obras de reparación ou conservación. Por haber fixo entenderase o salario base, o complemento ad personam, e mailos complementos persoais, se é o caso, e manutención.

Sétimo.-Da cantidade que resultase por aplicación dos criterios anteriores deducirase a parte proporcional que corresponda a ausencias do traballo por IT, agás que esta teña como causa a maternidade, accidente de traballo, enfermidade profesional e hospitalización, calquera que fose a causa e duración dela e as súas secuelas ata a alta por curación, no que concirne ó complemento salarial por IT que lle corresponde aboar á empresa e con independencia da prestación económica a cargo da Seguridade Social.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

A regulación das horas extraordinarias será conforme a lexislación vixente.

Capítulo III

Xornada de traballo, vacacións e servicios

especiais

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A duración da xornada laboral será de corenta horas, a razón de oito horas diarias de xornada laboral e dous días de descanso semanal ininterrompido.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado polo presente convenio, será de trinta días naturais.

Será obrigatorio o seu desfrute e non se poderá pactar cambialas polo seu valor económico.

A dirección da empresa, oídos os representantes dos traballadores, fixará o cadro de vacacións para o ano natural.

Todo traballador ten dereito a coñece-lo seu período de vacacións, polo menos, con dous meses de antelación á data do seu desfrute.

Artigo 16º.-Días festivos aboables e non recuperables.

Os traballadores desfrutarán dos días festivos aboables e non recuperables sinalados no calendario oficial dentro do mes da festividade correspondente.

En ningún caso estes festivos se acumularán ás vacacións. Igualmente, faise obrigatorio o seu desfrute e non poderán cambiarse polo seu valor económico.

Artigo 17º.-Servicios especiais.

Aqueles traballadores que pola índole do servicio que realizan están obrigados a traballar en festivos, aboables e non recuperables, solicitarán do seu xefe de departamento as datas que poidan interesarlles cunha antelación de oito días ás datas propostas. O xefe de departamento autorizará o seu desfrute, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan. De non ser factible a súa concesión nas datas indicadas, o xefe do departamento proporá outras que non sexan prexudiciais para a boa marcha do servicio.

En caso de xurdir discrepancias sobre as datas decidirá a comisión paritaria prevista no presente convenio.

Capítulo IV

Baixas, licencias, cobertura de vacantes

e excedencias

Artigo 18º.-Cesamento voluntario.

O prazo de aviso previo, nos casos de cesamento voluntarios dos traballadores, será de vinte días para xefes e segundos xefes de departamento. O resto do persoal, dez días.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda dos emolumentos que puidesen corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións de xullo e Nadal, na parte correspondente ós días de falta de aviso previo.

Artigo 19º.-Licencias.

Sen perda de retribución, concederanse as seguintes licencias:

1. Casamento do traballador: quince días.

2. Voda de fillos e irmáns: un día se é dentro de Galicia e tres se é fóra dela.

3. Enfermidade grave ou intervencióin cirúrxica do cónxuxe, pais e fillos: catro días.

4. Parto da esposa, catro días.

5. Morte de cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: catro días.

6. Morte de pais, fillos, irmáns políticos, avós e netos: dous días.

7. Por traslado do domicilio habitual: un día.

8. Ata dous días ó ano para asuntos propios, co fin de atender necesidades persoais.

Os ditos días desfrutaranse sempre que se avise o xefe do departamento con, polo menos, seis días de antelación, agás causas excepcionais inevitables, no sendo necesaria a posterior xustificación da causa.

Salvo pacto en contrario, que prevalecerá sempre, non se desfrutarán en días de traballo situados entre dous festivos, non poderán acumularse entre si, e non poderán ser utilizados simultaneamente por máis dun empregado do mesmo departamento.

Os días desta licencia non desfrutados ó final do exercicio aboaranse na nómina do mes de xaneiro do ano seguinte no seu valor do salario día, segundo niveis, entendéndose por salario tódolos conceptos salariais.

Nos supostos número 3 e 5 entenderase que os días de licencia se computarán á marxe dos días de descanso que podían corresponder ó traballador.

Artigo 20º.-Cobertura de vacantes.

1. Cubriranse só aquelas que a empresa sinale como necesarias porque respondan a esixencias estructurais na actividade do establecemento, logo de publicidade suficiente para posibilita-la presentación de solicitudes por aspirantes que reúnan os requirimentos establecidos.

O prazo máximo para anuncia-las vacantes que se cubrirán é de dous meses desde que se produzan.

1. Vacantes de nivel 1 e 2. Establécese un sistema de libre designación por parte da empresa, logo de exame e consideración dos candidatos internos debidamente cualificados.

2. Vacantes de nivel 3. Xoga a promoción interna se se acredita FP2 ou titulación equivalente e/ou 10 anos de antigüidade na categoría precedente e maila adecuada capacitación para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

3. Vacantes de nivel 4. Como os de nivel 3 se se acredita FP2 ou titulación equivalente e/ou 5 anos de antigüidade na categoría precedente e maila adecuada capacitación para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

4. Vacantes de nivel 5. Como as de nivel 4 se se acredita FP1 ou titulación equivalente e/ou 3 anos de antigüidade na categoría precedente, maila capacitación adecuada para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

Se a vacante resultase deserta procederá a designación de traballador alleo á empresa, mediante a publicidade suficiente, se ben, en función dos servicios prestados ó Hostal de los Reyes Católicos como contratado temporal en posto do mesmo nivel, terá prioridade quen acredite ter prestado servicios en tal condición e sempre en favor de quen o acredite con maior vinculación temporal e acreditación da capacidade suficiente.

En similitude de cualificacións e circunstancias, atenderase ás necesidades de reunificación familiar.

En tódolos casos contarán con preferencia os aspirantes destinados no establecemento.

En caso de non ser posible a cobertura por persoal propio da empresa, recorrerase á contratación externa.

1. A empresa confeccionará o temario pechado e probas para cada nivel profesional, logo de audiencia do comité de centro, para efectos de que formulen as propostas e suxestións que coiden convenientes.

2. O resultado do proceso de cobertura de vacantes será comunicado ó comité de centro e farase público mediante nota informativa.

3. O comité de centro contará con presencia e participación activa en cada proceso de selección; para este fin designará un dos seus membros ou outro empregado en quen delegue tal presencia e participación para cada un dos procesos selectivos, aínda que comprenda vacantes de varios departamentos.

Artigo 21º.-Excedencias.

A excedencia forzosa concederase nos seguintes casos:

1. Nomeamento ou elección para un cargo público.

2. Elección para cargo sindical de ámbito provincial ou superior e polo tempo que dure o seu exercicio.

A excedencia voluntaria concederáselle a tódolos traballadores que leven polo menos un ano de servicio na empresa, e por un prazo non inferior a dous anos, nin superior a cinco.

O excedente voluntario perderá o seu dereito preferente ó reingreso se durante a súa excedencia, prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas encadradas no acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería.

A excedencia voluntaria deberá solicitarse nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro. A empresa estará obrigada a outorga-la súa concesión no prazo dun mes.

Excedencia especial dun a doce meses:

Ó traballador con antigüidade na empresa dun ano ou máis concederáselle este tipo de excedencia por un período dun a doce meses, coa reserva do posto de traballo no mesmo establecemento, sempre e cando estean suficientemente xustificadas as causas de solicitude a xuízo do dirección e logo de informe do comité de centro.

Non se poderá desfrutar dunha nova excedencia deste tipo se non transcorreron dous anos desde a conclusión da inmediata anterior. En caso de se comproba-la falsidade das causas alegadas, a excedencia especial concedida considerarase excedencia voluntaria.

Esgotado o período de excedencia especial, o interesado poderase acoller á excedencia voluntaria expresada nos parágrafos anteriores.

Licencia sen soldo:

Por razóns persoais e para supostos que non teñan encaixe nalgún dos casos anteriores, a empresa, logo de conformidade do director xeral por proposta do director do establecemento, poderá autorizar peticións individuais de licencia sen soldo e con reserva de posto de traballo de ata seis meses de duración.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará a prestación á Seguridade Social, ata o 100 por 100 do salario fixo, máis, se é o caso, complemento ad personam e complemento persoal e manutención. Esta prestación manterase por un período de doce meses sen prexuízo do que establece o artigo 12 para o incentivo de ocupación.

Non se reducirán días de período de vacacións nos seguintes casos:

1. Os casos de accidente laboral.

2. A maternidade da muller.

3. Tódalas licencias retribuídas.

4. Menos de tres meses de IT.

Artigo 23º.-Absentismo.

Co fin de axusta-lo absentismo ós seus supostos realmente xustificativos por IT, a empresa a través da atención facultativa adecuada, poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente que sexa comunicado polo traballador, a través do parte de baixa, co fin de xustifica-las faltas de asistencia ó traballo, mesmo mediante recoñecemento a cargo do seu servicio médico da empresa. A negativa infundada do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos a cargo da empresa pola dita situación.

Os traballadores coidarán que nos partes de baixa e confirmación figure sempre o diagnóstico. Se o facultativo negase a inclusión do diagnóstico no parte de baixa ou nos de confirmación, corresponderalle á empresa a acdtuación pertinente para reparar tal anomalía, sen que iso supoña carga adicional para o traballador.

Capítulo V

Réxime social e asistencial e formación

Artigo 24º.-Premios de xubilación e auxilio de defunción.

Todo productor que desexe xubilarse antes dos sesenta e cinco anos, terá dereito a unha mensualidade cada dous anos de servicio; non se computarán para estes efectos os primeiros cinco anos. Se a xubilación se producise a partir dos sesenta e cinco anos, o traballador terá dereito a dúas mensualidades ós quince anos de servicio, tres mensualidades de quince a vinte anos, catro de vinte a vintecinco anos, cinco de vintecinco a trinta anos, seis de trinta a trinta e cinco ou máis. En caso de falecemento do producdtor, concederáselle á viúva ou fillos un auxilio de defunción nas seguintes contías:

Ata cinco anos de servicio. cinco mensualidades.

Ata dez anos de servicio: seis mensualidades.

Ata quincde anos de servicio: sete mensualidades.

Ata vinte anos de servicio: oito mensualidades.

Ata vintecinco anos de servicio: nove mensualidades.

A partir dos vintecinco anos, unha mensualidade máis, cada cinco anos.

Enténdese por mensualidade a totalidade dos conceptos retributivos que o traballador percibise no mes, maila parte proporcional das retribucións de vencemento superior ó mes, é dicir, incentivo de ocupación e pagas extraordinarias.

A vixencia do establecido neste artigo mantense ata o 31 de decembro do ano 2000.

Artigo 25º.-Dote por casamento.

O dote do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio, cun máximo de seis anos. Entenderase como salario o fixo que corresponda ó traballador pola súa categoría profesional, previsto neste convenio, máis, se é o caso, o complemento ad personam ó que, se é o caso, se engadirían os quinquenios.

Este dereito afectará unicamente os traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio, e continúe nela, percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribucióin determinada cos criterios sinalados no parágrafo primeiro deste artigo.

Se o dito persoal non permanecese un ano máis a partir da data do casamento, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise, en concepto de dote.

Artigo 26º.-Seguro colectivo de vida e incapacidade.

Paradores de Turismo de España, S.A. concertará un seguro de vida que garanta á persoa ou persoas consignadas polo traballador na correspondente póliza, en caso de falecemento deste antes da idade de xubilación, un capital de 1.407.000 pesetas. Igualmente, este seguro garántelle ó traballador a entrega de capital por unha soa vez computando as prestacións da Seguridade Social en caso de que sexa declarado ó productor en estado de incapacidade permanente que determine a imposibilidade de traballar ou perda de emprego.

Artigo 27º.-Formación.

A formación profesional como dereito e deber dos traballadores encaixarase nas previsións que para tal fin se inclúen na planificación formativa do conxunto da empresa, sen prexuízo de específicas accións formativas para o Hostal de los Reyes Católicos.

Artigo 28º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria ós sesenta e cinco anos de idade, sempre que o traballador teña

cuberto o período de cotización que dá dereito a percibir da Seguridade Social, a pensión de xubilación.

Será de aplicación ós traballadores que desexen xubilarse ós 64 anos o previsto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, conforme o cal os haberes pasivos serán do cen por cento ó cumpri-los 65 anos.

Capítulo VI

Indemnizacións por razón do servicio

Artigo 29. Axudas de custo e locomoción.

A cantidade que vai percibi-lo persoal afectado por este convenio que se desprace en comisión de servicio a un establecemento da rede, será de 4.987 pesetas, das que 3.045 pesetas corresponderán ó aloxamento e almorzo, 971 pesetas ó xantar e 971 pesetas á cea. En concepto de gastos de locomoción aboaráselle a cantidade de 21,87 pesetas por quilómetro percorrido, calquera que sexa o medio utilizado, excepto nos desprazamentos fóra da península, nos que se aboará o billete de avión ou barco, así como nos casos de urxencia e necesidade, previamente autorizados pola dirección.

A viaxe será sempre de clase turista e os residentes en Canarias, Ceuta e Melilla deberán facer uso, sempre, do desconto como residente. O importe sinalado por quilómetro percorrido ten vixencia durante 1998; para 1999, 2000 e 2001, será de 24 pesetas.

Cando a comisión de servicio teña como destino unha localidade na que non exista parador ou, aínda que existindo, non haxa aloxamento nel, a axuda de custos será de 7.200 pesetas das que 4.100 pesetas corresponderán ó aloxamento e almorzo, 1.550 pesetas ó xantar, e 1.550 pesetas á cea.

Cando a comisión de servicio non implique pernoita fóra do domicilio habitual, haberá que aterse ó establecido no Real decreto 236/1988 (BOE do 19 de marzo de 1998), ou normas que o substitúan.

Comisións de servicio no estranxeiro: ós traballadores afectados polo presente convenio nas comisións ó estranxeiro aboaráselle-las axudas de custo asignadas ó grupo 4º, segundo a zona en que estea incluído o país de desprazamento, conforme o especificado no Real decreto 236/1988 (BOE do 19 de marzo de 1998), ou normas que o substitúan.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 30º.-Saúde laboral.

O comité paritario constituído para o efecto axustará as súas actuacións ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, e normas de desenvolvemento.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

O pagamento para o calzado, calcetíns e medias de uniforme efectuarase por medio da entrega dunha cantidade en metálico polo mesmo importe e as mesmas datas en que se lles aboa este concepto ós demais traballadores da empresa ós que lle corresponda o pagamento.

Capítulo VIII

Representación sindical

Artigo 32º.-Competencias do comité de centro.

Expresamente, recoñéceselle ó comité de centro as competencias establecidas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Trimestralmente facilitaráselle información sobre tódolos asuntos que teñan incidencia directa na situación dos traballadores.

Os membros do comité de empresa poderán acumula-las horas sindicais dos outros vocais deste sempre que conste autorización expresa destes.

As garantías recoñecidas ós membros do comité de empresa serán extensivas ó delegado de sección sindical que se designará nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Entre as competencias do comité inclúese a de celebrar asembleas de traballadores, fóra da xornada de traballo, logo de comunicación á dirección do establecemento cunha antelación mínima de setenta e dúas horas á da súa celebración.

Capítulo IX

Mobilidade funcional, consolidación e traballos

de categoría superior

Artigo 33º.-Consolidación de categoría.

Aqueles traballadores respecto dos que resultase acreditada a realización de traballos de categoría superior durante un período de tempo superior a tres meses nun ano, consolidará esta e a retribución correspondente a excepción do complemento persoal, se é o caso. Desta regra excluiranse aqueles casos nos que se produza a necesaria substitución en caso de IT. O previsto neste artigo non afecta ás categorías profesionais dos niveis 1 e 2.

Artigo 34º.-Traballos de categoría superior.

Mentres tanto non se consolide a categoría superior efectivamente desempeñada, conforme o establecido no artigo anterior, cobraranse as diferencias salariais, a excepción, se é o caso, do complemento per

soal e isto sempre que nas funcións do substituto non entre a de supli-lo substituído.

Artigo 35º.-Norma común á promoción automática e traballos de categoría superior.

Nos dous supostos enunciados no título deste artigo, o desempeño das funcións asumidas inclúe a realización das que son propias da categoría de procedencia.

Capítulo X

Garantía do emprego

Artigo 36º.-Durante a vixencia do presente convenio, a dirección da empresa comprométese a garanti-lo emprego dos traballadores fixos do Hostal de los Reyes Católicos agás que mediase causa legal suficiente que posibilitase afectar a aquel.

Disposición adicionais

Primeira.-Plan de pensións.

Faranse extensivas as mesmas conclusións que sobre esta cuestión se acaden no convenio xeral.

Segunda.-Réxime social e asistencial complementario.

No tocante ó réxime social e asistencial e respecto do non previsto neste convenio, será de aplicación na parte proporcional que corresponda, o establecido nos artigos 46, 47, 51, 52 e 53 do convenio xeral de paradores, nos termos do anexo II que se xunta ó convenio.

Disposición derradeira

A escala de remuneración correspondente ó incentivo de ocupación regulado no punto 4 do artigo 4º e no artigo 12º, en función dos cuartos ocupados, unha vez finalizada a vixencia temporal que determina o seu articulado, entenderase que consolidou, para os traballadores non reclasificados, un incremento de catro días no tramo superior ó 70 por cento de ocupación e un día máis se se supera o 75 por cento de ocupación sobre a establecida antes da entrada en vigor deste convenio.

ANEXO I

Categorías profesionais, niveis, retribucións e complementos persoais no parador Hostal de los Reyes Católicos

(Vixente desde 1 de xaneiro de 1999)

Área funcional primeira

Recepción, conserxería, administración e xestión

Grupo profesional I

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de recepciónXefe de recepción1143.09441.436184.530
Segundo xefe de recepciónSegundo xefe de recepción2128.78338.522167.305
Xefe de administraciónXefe de administración1143.09423.452166.546
Primeiro conserxeConserxe de primeira1143.09413.384156.478
Segundo conserxe2128.78312.462141.245

Grupo profesional II

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

ConserjeConserxe de noite2128.78311.405140.188
RecepcionistaRecepcionista3120.20013.433133.633
Caixeiro xeral3120.2000120.200

Grupo profesional III

Categorías do acuerdo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante/a administrativoOficial administrativo3120.20011.405131.605
Secretaria3120.20021.423141.623
Secretaria3120.2000120.200
Axudante/a de recepción e conserxeríaAxudante de conserxe4114.4730114.473
TelefonistaTelefonista de noite4114.4730114.473
Telefonista con idiomas4114.4730114.473
Telefonista5103.0270103.027

Grupo profesional IV

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de recepción e conserxeríaAuxiliar administrativo4114.4730114.473
Vixilante de noite4114.4730114.473
Mozo de equipaxes5103.0270103.027
Porteiro de acceso5103.0270103.027
Portiero de segunda5103.0270103.027
Botóns5103.0270103.027

Área funcional segunda

Cociña e economato

Grupo profesional I

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de cociñaXefe de cociña1143.09456.934200.028
Segundo xefe de cociñaSegundo xefe de cociña2128.78339.821168.604

Grupo profesional III

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de partidaXefe de partida2128.78311.689140.472
ReposteiroRepostero2128.78311.699140.482
Oficial reposteiro3120.20010.018130.218

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Encargado de economatoEncargado de economato e bodega3120.2009.123129.323
Bodegueiro4114.47321.870136.343
CociñeiroCociñeiro3120.2000120.200

Grupo profesional III

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante de cociñaAxudante de cociñeiro5103.0279.182112.209
Axudante de reposteiro5103.0279.182112.209
Mozo de economato5103.0279.182112.209

Grupo profesional IV

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de cociñaMarmitón5103.0278.350111.377
Fregador/a5103.0276.680109.707
Pinche5103.0278.350111.377

Área funcional terceira

Restaurante, bar e similares

Grupo profesional I

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de restaurante ou salaXefe de comedor1143.0940143.094
Segundo xefe de restaurante ou salaSegundo xefe de comedor2128.7830128.783

Grupo profesional II

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de sectorXefe de sector2128.78319.142147.925
Encargado de mostrador2128.7830128.783
CamareiroCamareiro3120.2005.009125.209
Dependente de primeira3120.2000120.200
Facturista4114.4730114.743
Cafeteiro4114.47311.689126.162

Grupo profesional III

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante de camareiroAxudante de camareiro5103.0270103.027
Dependente de segunda5103.0270103.027
Comis5103.0270103.027

Área funcional cuarta

Pisos e limpeza

Grupo profesional II

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Encargado/a xeralGobernante/a1143.09411.405154.499
Encargado/a de secciónSubgobernante/a2128.7830128.783
Encargado/a de lencería2128.7830128.783
Encargada de limpeza3120.2000120.200

Grupo profesional III

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Camareiro/a de pisosCamareiro/a de pisos4114.4730114.473
Lenceiro/a5103.0270103.027

Grupo profesional VI

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de pisos e limpezaLimpador/a5103.0270103.027
Mozo de limpeza5103.0270103.027

Área funcional quinta

Servicios de mantemento e servicios auxiliares

Grupo profesional II

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Encargado de mantemento e serviciosXefe de servicio técnico1143.09428.510171.604
Encargado de secciónEncargado de traballos3120.2006.842127.042

Grupo profesional III

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Especialista de mantemento

e servicios

Fontaneiro4114.4730114.473

Carpinteiro4114.4730114.473
Pintor4114.4730114.473
Electricista4114.4730114.473
Mecánico4114.4736.842121.315
Mecánico frío4114.4736.842121.315
Xardineiro4114.4730114.473
Conductor4114.4737.983122.456

Grupo profesional IV

Categorías do acordo laboralCategorías do convenioNivelSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Peón5103.0272.281105.308

(Os importes dos salarios base mensuais destas táboas, son as correspondentes ó ano 1998).

I. O complemento persoal sinalado nestas táboas aboarase, sen incremento durante toda a vixencia do convenio, ós actuais perceptores del, con carácter exclusivo.

II. A liquidación de atrasos correspondente ó presente convenio para o exercicio de 1998 e os meses transcorridos de 1999, farase efectiva dentro do mes seguinte á data en que se teña coñecemento da resolución da autoridade laboral sobre homologación e inscrición do convenio no rexistro correspondente.

ANEXO II

Artigos do convenio colectivo xeral de Paradores de Turismo de España, S.A., co seu persoal laboral para os anos 1998, 1999 e 2000, ós que se refire a disposición adicional segunda deste convenio colectivo.

As cantidades que como fondos para bolsas, para axudas para gastos de libros escolares e para créditos que en cada caso se sinalan nos artigos 51, 52 e 53, que a seguir se trascriben literalmente, aplicaranse para o persoal que presta os seus servicios no parador Hostal de los Reyes Católicos, na proporción que resulte, tomando en consideración o cadro de persoal do parador Hostal de los Reyes Católicos.

As referencias de intervención ou de competencias que se lle atribúan nestes artigos ó comité intercentros, terán que se entender feitas ó comité de centro do parador Hostal de los Reyes Católicos.

Premio de nupcialidade.

O persoal dun e outro sexo que contraia matrimonio e que leve na empresa máis de dous anos de servicio efectivo percibirá na nómina do dito mes un premio de 27.000 pesetas.

Premio de natalidade.

Por cada fillo nacido a partir da entrada en vigor deste convenio aboaráselle ó traballador que leve máis de tres anos na empresa a cantidade de 13.000 pesetas pagadoiras na nómina do dito mes. No suposto de que os pais do nacido sexan ambos traballadores da empresa, o premio aboaráselle exclusivamente ó pai ou á nai.

Bolsas de estudios.

1. Para os fillos dos traballadores: créase un fondo de 2.000.000 de pesetas anuais como axuda para cursaren estudios de carreira universitaria. Este fondo será repartido entre tódalas solicitudes admitidas e posteriormente seleccionadas. En caso de a realización de tales estudios implique cambio de residencia, a asignación será dobre có importe concedido ós demais casos.

As normas para adxudicación destas bolsas serán as seguintes:

A) Terán dereito a solicitar estas bolsas os fillos do persoal acollido a este convenio. Igualmente

poderán solicitalo aqueles fillos de orfos que en vida do pai ou nai desfrutasen con aproveitamento dunha das bolsas concedidas neste artigo e os fillos dos traballadores que causasen baixa por enfermidade ou accidente, nas mesmas condicións.

B) Teranse en conta o número de fillos do traballador solicitante.

C) Presentarase, xunto coa solicitude, un certificado da empresa sobre os ingresos do solicitante, así como declaración xurada sobre outros ingresos familiares que puidesen existir, ou ben declaración de que o cónxuxe non traballa.

D) Os fillos emancipados non terán dereito a estas bolsas.

E) Tampouco terán dereito aqueles que estean desfrutando doutras bolsas, polo que se xuntará tamén certificación oficial acreditativa de non teren concedida outro tipo de bolsa.

F) É requisito indispensable a xustificación de que estea matriculado no centro onde vai realiza-los estudios.

G) As solicitudes presentaranse antes do 30 de novembro a través do director respectivo e dirixidas á dirección de persoal da empresa, xuntando coa solicitude toda a documentación acreditativa que se esixe nas letras anteriores.

Unha vez pechado o prazo de admisión de solicitudes, estas seranlle entregadas ó comité intercentros, o cal efectuará a súa selección e posteriormente serán aprobadas pola dirección da empresa.

2. Para traballadores: créase un fondo de 2.000.000 de pesetas para atende-los gastos de estudio daqueles que o soliciten, relacionados coa hostalería: estudios oficiais de idiomas, estudios oficiais de comercio, técnicos de empresas turísticas e formación profesional de hostalería. En caso de matrícula libre, se non puidese xuntarse o 31 de outubro este documento deberá suplirse por certificado da universidade ou escola oficial, indicando en que data será a matrícula; así mesmo, o traballador xuntará unha declaración na que se comprometa a xunta-la matrícula na data inmediata á súa subscrición, xa que en caso contrario deberá devolve-lo importe íntegro da bolsa concedida, que en primeira instancia se lle concedeu pendente deste requisito e como anticipo de soldo do mes en que certifique que estivese aberto o prazo de matriculación.

3. Créase igualmente outro fondo de 1.000.000 de pesetas para axudar á recuperación dos fillos dos traballadores en escolas especiais por razón da súa discapacidade física ou psíquica.

Os requisitos para efectua-la solicitude desta axuda serán os mesmos expresados neste artigo para bolsas de fillos de traballadores xuntando, ademais, o certificado médico acreditativo do tipo de deficiencia padecida.

En tódolos casos do presente artigo será preceptivo o informe previo dos delegados de persoal ou do comité de empresa.

Axuda para gastos de libros escolares.

Créase un fondo de 1.800.000 pesetas para axudas de libros esolares distribuídas en axudas de ata 8.000 pesetas cada unha. As ditas axudas concederánselles ós traballadores con fillos en idade escolar a partir de preescolar ata que comecen a etapa universitaria.

No seo da unidade familiar poderanse adxudicar tantas axudas como fillos houber, sempre e cando os recursos económicos así o esixan co fin de lle axudar a quen máis o necesita.

Os solicitantes deberán xuntar fotocopia da declaración da renda do ano anterior, certificado do director do colexio en que estea matriculado, así como a factura da compra dos libros.

As solicitudes deberánselle enviar antes do 31 de outubro de cada ano á dirección de persoal, que llas entregará ó comité intercentros, que efectuará a súa selección e adxudicación; pasaráselle á dirección de persoal relación de admitidos e excluídos e os seus importes correspondentes, para que o mes seguinte da dita entrega lles sexa aboado ós traballadores afectados.

En tódolos casos de concesión de axuda ou bolsas, a falta dalgún documento ou requisitos esixidos supón a exclusión definitiva e por tanto denegación da solicitude.

Créditos.

Créase un fondo de 12.000.000 de pesetas para a concesión de créditos ós seus traballadores para lles facer fronte ás necesidades familiares urxentes.

O comité intecentros estará facultado á vista das solicitudes de crédito para fraccionalos segundo as peticións e necesidades.

Os solicitantes deberán acredita-la situación económica da unidade familiar.

En caso de que só traballe un dos membros, deberá xuntar declaración xurada do resto dos membros da unidade familiar que en idade superior a 16 anos non traballen, así como copia da declaración da renda do ano anterior e informe dos delegados de persoal ou comité intercentros.

As solicitudes deberán enviárselle á dirección de persoal antes do 31 de xullo de cada ano, as cales lle serán entregadas ó comité intercentros da empresa, que será quen efectúe a selección. Posteriormente serán aprobadas pola dirección da empresa.

En caso de urxente necesidade, o comité intecentros poderalle propoñer á dirección da empresa a anticipación da concesión dalgúns dos citados créditos.

Unha vez concedidos os préstamos, reintegraranse nun prazo máximo de 48 mensualidades.

Definitivamente concedidos, os créditos entregaranse ó mes seguinte da súa concesión.

A falta dalgún documento ou requisito esixidos supón a exclusión definitiva e, polo tanto, a denegación da solicitude.

ANEXO III

Relación de categorías profesionais reclasificadas

Conserxe de noiteXefe de partidaEncargado de lencería
RecepcionistaReposteiroEncargado de limpeza
Oficial administrativoOficial reposteiroCamareiro de pisos
SecretariaBodegueiroFontaneiro
Axudante de conserxeCociñeiroCarpinteiro
Telefonista de noiteXefe de sectorPintor
Telefonista con idiomasEncargado de expositorElectricista
Auxiliar administrativoCamareiroMecánico
Vixilante de noiteDependente de primeiraMecánico frío
FacturistaXardineiro
CafeteiroConductor