Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 156/1999, do 14 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de E.P. 4904 ampliación e mellora do trazado do p.k. 0,000 ó 2,200 As Somozas a Balocos por Moeche (programa de actuación da rede provincial de estradas -Plan 2000 de Estradas-), 1ª fase 1999.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de E.P. 4904, ampliación e mellora do trazado p.k. 0,000 ó 2,200 As Somozas a Balocos por Moeche (programa de actuación da rede provincial de estradas -Plan 2000 de Estradas-) 1ª fase 1999 e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns que fan necesaria a urxente execución das citadas obras, tal como o pavimento das estradas, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, circulación de vehículos pesados e puntos negros e evitar deste xeito o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de E.P. 4904, ampliación e mellora do trazado p.k. 0,000 ó 2,200

As Somozas a Balocos por Moeche (programa de actuación da rede provincial de estradas -Plan 2000 de Estradas-) 1ª fase 1999.

Santiago de Compostela, catorce de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesus C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais