Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, para realizar entre o 1 de marzo de 1999 e o 30 de abril de 2000.

Por orde da Consellería de Educación do 1 de setembro de 1998 (DOG do 23 de setembro), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no punto décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares para desenvolver entre o 1 de marzo de 1999 e o 30 de abril de 2000, ós centros que figuran relacionados no anexo I. Neste anexo tamén figuran os centros que renunciaron á axuda concedida antes da publicación no DOG. Os centros en reserva figuran no anexo II e os centros excluídos no anexo III.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente a esta dirección xeral, que o fará chegar á Axencia Nacional Sócrates.

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, o número de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo elementos de análise por parte dos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual. Enviarase igualmente copia do informe financeiro final e da folla de estatísticas enviada á Axencia Nacional Sócrates.

A documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (edificio San Lázaro, 107, 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

No caso de intercambios ou encontros, deberá incluír unha certificación do director do centro especificando os nomes do profesorado que acompañou os alumnos na viaxe de estudios. O certificado servirá para expedi-lo correspondente certificado de participación.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Un informe financeiro final que inclúa o total dos gastos reais que poidan optar á axuda e nos que se incorrese para a participación, así como os ingresos totais, en particular o cofinanciamento obtido. Este informe presentarase seguindo o modelo de liquidación de subvención enviado pola Axencia Nacional.

3.2.2. Os billetes orixinais de transporte (avión, tren) de tódolos participantes no intercambio e as facturas de aloxamento.

3.2.3. A folla estatística enviada pola Axencia Nacional con tódolos datos formalizados.

3.2.4. Resumo de dúas páxinas escritas a dobre espacio da memoria pedagóxica sobre as actividades desenvolvidas durante o proxecto, que conteña a lista cos nomes dos participantes no intercambio e mención do producto final dos alumnos.

A citada xustificación económica deberá ser enviada á Axencia Nacional Sócrates ( Bravo Murillo, 38, 28015 Madrid), no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nestas bases comportará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer conforme os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

Oitavo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1999.

José Luis Mira Lema

Director xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Proxectos seleccionados.

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísAxuda en euros

IES Fernando BlancoA CoruñaOs xoves en EuropaFrancia2.190

IES de AmesA CoruñaImportancia das redes viarias na aproximación cultural dos pobosFrancia3.900

EOI de OurenseOurenseEstudio do sector do ocio en Galicia e WestfalenAlemaña3.000

IES Lamas da QuendaLugoO camiño de Santiago como medio de comunicación entre Francia e EspañaFrancia2.250

IES de VilamarínOurenseA cociña de onte e hoxe no Alto Támega e OurensePortugal1.380

Colexio Feijóo ZorelleOurenseA actividade dramatizadora como elemento motivador na aprendizaxe dun idiomaFrancia5.150

IES 1º de MarzoPontevedraMirando cara a EuropaFrancia4.500

IES Agra de RaícesA CoruñaOs xoves en EuropaFrancia1.950

IES Cotarelo ValedorPontevedraIncidencia de determinados factores socio-económicos e a súa influenciaAlemaña4.200

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísAxuda en euros

IES Xelmírez IIA CoruñaIntercambio Xelmírez II- Gammel Helleup GymnasiumDinamarca5.400

IES San MamedeOurense2000 anos por correoFrancia3.600

IES A PinguelaLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferencias IIFrancia3.600

IES Río CabeLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferencias IIFrancia4.350

IES Daviña ReiLugoGalicia-Bretaña: afinidades e diferencias IIFrancia4.050

IES Vilar PonteLugoConnaissance d'une langue, decouverte d'un paysFrancia4.730

IES A SangriñaPontevedraHerencia helenística na linguaxe científico-helenísticaGrecia7.170

EFA A FonteboaA CoruñaDescubrimento da rexión e perfeccionamento lingüísticoFrancia3.831

IES María Sarmiento-ViveiroLugoIntercambioFranciaRenuncia

IES A ParalaiaPontevedraEdición dun periódico escolar multilingüeFranciaRenuncia

IES Salvador MorenoPontevedraA arte románica en Borgoña e en GaliciaFranciaRenuncia

ANEXO II

Proxectos en lista de espera.

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísNº suplente

IES A PinguelaLugoGalicia-Gran Bretaña: afinidades e diferenciasReino Unido1

IES Pedra da AugaPontevedraRecursos e artesanía: Le Vigan-PonteareasFrancia2

IES O CoutoOurenseIlecoa 99Francia3

IES Prieto NespereiraOurenseGalicia-Cheshire: dúas culturas no arco atlánticoReino Unido4

IES MonelosA CoruñaAdjubileumItalia5

Col. Apóstol SantiagoPontevedraXoves de EuropaFrancia6

IES Rep. Or. do UruguaiPontevedraEuropa/3Alemaña7

IES Rosais IIPontevedraEuroinReino Unido8

IES As FontiñasA CoruñaTerminoloxía económico-administrativa multilingüeItalia9

IES Rosalía de CastroA CoruñaSemellanzas e diferencias entre Bretaña e GaliciaFrancia10

Col. Apóstol SantiagoPontevedraGalicia e Kent: terra de peregrinaciónsReino Unido11

EOI de OurenseOurenseVisita preparatoriaAlemaña12

IES de VilamarínOurenseVisita preparatoriaPortugal13

IES A PinguelaLugoVisita preparatoriaReino Unido14

Colexio Feijóo ZorelleOurenseVisita preparatoriaFrancia15

IES Cotarelo ValedorPontevedraVisita preparatoriaReino Unido16

IES PontepedriñaA CoruñaIdentidade e diversidadeAlemañaRenuncia

ANEXO III

Proxectos excluídos.

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísMotivo da

exclusión

Estudio-Escola de músicaA CoruñaA contribución da linguaxe musical á construcción da identidade europeaSueciaNon se adapta ás bases da

convocatoria

IES Rosalía de CastroA CoruñaEncontro multicultural de formación europeaFranciaNon se adapta ás bases da

convocatoria