Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Xil, no concello de Meaño, da provincia de Pontevedra, por parte de Canteras y Construcciones Dejo, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Canteras y Construcciones Dejo, S.L., con domicilio en Pontes, Noalla, Sanxenxo, presentou nesta delegación provincial, o día 19-2-1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Xil, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, sección C), que se sitúa no termo municipal de Meaño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2799, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 47' 20''42º 27' 40''

Vértice 28º 46' 40''42º 27' 40''

Vértice 38º 46' 40''42º 27' 20''

Vértice 48º 47' 20''42º 27' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 4 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra