Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, outorgamento da condición da instalación de producción eléctrica, acollida ó réxime especial e aprobación do porxecto sectorial urbanístico con título de parque eólico Peña Feixa. (Expediente 1/1998).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2366/1994, do Ministerio de Industria e Enerxía, do Decreto 205/1995, e da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, ambos da Xunta de Galicia, sobre autorización de instalacións eléctricas, aproveitamento da enerxía eólica e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, sométese a información pública para a autorización administrativa, instalación de producción eléctrica acollida ó réxime especial e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, as instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Enderezo social: lugar de Ruibo, s/n.

Denominación: parque eólico Peña Feixa.

Situación: concello de Monfero.

Características técnicas: potencia a instalar 3,0 MW, superficie afectada 188.384 m

Coordenadas:

V(8º00'10''W, 43º20'07''N), V(7º59'59''W, 43º20'03''N)

V(7º59'58''66 W, 43º20'03201 N), V(8º00'01''06V, 43º59'52''91N)

V(7º59'56''06W, 43º19'45''71N), V(7º59'55''46W, 43º19'41''31N)

V(8º00'03''76W, 43º19'41''01N), V(8º00'11''36W, 43º19'48''41N)

-4 aeroxeradores mod. Genesys 750 de 750 kV de potencia nominal unitaria, montándose sobre torres metálicas troncocónicas de 60 m de altura e rotores de 3 pas de 45,9 m de diámetro.

-4 transformadores de 800 kVA/u, con tensións de 0,4/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al desde aeroxeradores a C.T. de interconexión.

-Rede eléctrica aérea a 20 kV sobre apoios metálicos e con conductor LA-56, 375 m de lonxitude, con orixe no C.T. de interconexión e remate na liña eléctrica de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. existente na zona.

-Aparellos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos de oposición ou reparos, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña