Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Freixeiro, nos concellos de Lalín e Silleda, da provincia de Pontevedra, por parte de Minas de Bandeira, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Minas

de Bandeira, S.A., con domicilio no apartado de correos 7, Silleda, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de marzo de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Freixeiro, de 110 cuadrículas mineiras para recursos de Piroxenos, Espodumena, sección C) que se sitúa nos termos municipais de Lalín e Silleda, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2801, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 14' 00''42º 39' 20''

Vértice 28º 10' 20''42º 39' 20''

Vértice 38º 10' 20''42º 36' 00''

Vértice 48º 14' 00''42º 36' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 6 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra