Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da subministración de clave E/SC/99.72.

a) Subministración: subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito á Subdirección Xeral de Estradas, dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/99.72

Orzamento: dezasete millóns oitocentas trinta e tres mil pesetas (17.833.000).

Prazo de entrega: 2 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica xustificarase mediante relación das principais subministracións, similares ós que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os 3 últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ás que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Garantía provisional: 356.660 pesetas.

b) Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contrata, segundo se especifica no punto 9 do cadro de características.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. Estas garantías pode

rán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda