Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de diciembre de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da estrada OU-301. Treito: Xinzo de Limia-Bande.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 173.940.000 ptas.

Construcción nova ponte sobre o río Miño en Ourense. Convenio CPTOPV-Concello de Ourense 26-9-1997.

Adxudicatario: UTE Auxini S.A.-Ocasa.

Orzamento: 1.152.109.978 ptas.

Alargamento e mellora do CP de Sober a Doade p.k. 3,280 ó p.k. 8,200. Convenio CPTOPV-Deputación de Lugo 5-11-1996.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento:81.999.999 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de

novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1999.

P.D.(Orde do 13-12-1993)

Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda