Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto, tramitación de urxencia, para a contratación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Estatística.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 7/99.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: obra.

B) Descrición do obxecto: instalación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Estatística en Santiago de Compostela.

C) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 5 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000), IVE incluído, dividido nos seguintes lotes:

Lote I: 5.750.000 ptas.

Lote II: 650.000 ptas.

5. Adxudicación:

Lote I:

A) Data: 23 de abril de 1999.

B) Contratista: Emtel Sistemas de Telecomunicaciones, S.L.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: cinco millóns catrocentas noventa e catro mil setecentas sesenta e nove pesetas (5.494.769), IVE incluído.

Lote II:

A) Data: 23 de abril de 1999.

B) Contratista: Coremain, S.L.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: seiscentas trinta e cinco mil oitenta e dúas pesetas (635.082), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda