Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (290/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Padrón (A Coruña), fago saber que nesta secretaría do meu cargo, e co número 290/1998, se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Pastor, S.A., contra Maximino de Jesús Jamardo e María Josefa Jamardo Pérez, en reclamación de crédito hipotecario, en que, por resolución do día da data, se acordou sacar a poxa pública por primeira vez

e termo de vinte días o ben que máis adiante se dirá. Sinálase para que o acto de remate teña lugar na secretaría deste xulgado o próximo día 25 de xuño de 1999, ás 11 horas, coas prevencións seguintes:

Primeira: non se admitirán ofertas que no cubran o tipo da poxa.

Segunda: tódolos licitadores, con excepción do acredor, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, Sociedade Anónima, número 1575-0000-18-0290-98, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do valor do ben que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos nin se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceira: tódolos licitadores poderán participar na poxa coa calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinta: os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houber- ó crédito do autor continuarán subsistentes, e que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o próximo día 23 de xullo de 1999, ás 11 horas, servindo de tipo o 75 por 100 do sinalado para a primeira poxa e sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e se tampouco houber licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o próximo día 17 de setembro de 1999, ás 11 horas; esta poxa celebrarase sen suxeición a tipo e quen desexe tomar parte nela debe consigna-lo o 20 por 100 do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o día hábil seguinte, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto servirá de notificación ó debedor para o caso de no poderse levar a efecto no predio poxado.

Bens que se poxan:

1ª. Predio número 9.922. Urbano: casa destinada a vivenda unifamiliar no sitio coñecido como Barreño ou Caramuxo, na parroquia de Iria, concello de Padrón, de planta baixa e sobrado. Ocupa unha superficie de cento dez metros cadrados. Ten como anexo un terreo que a circunda, destinado a labradío, no sitio de Barreño ou Caramuxo, que mide dúas áreas e sesenta e catro centiáreas. Ten a súa fronte ou fachada principal cara ó vento leste. Está situada

a edificación a un metro e uns trinta centímetros da estrema norte, cara ó centro da dita liña. O conxunto estrema, polo norte e oeste, con Josefina Iglesias; polo sur, con Maximino de Jesús Jamardo e polo leste, coa estrada de Padrón a Pontecesures.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 494, libro 112, folio 35, predio 9.922.

Taxado, para efectos da poxa, na cantidade de 25.187.624 pesetas.

Dado en Padrón, 26 de abril de 1999.

O secretario

Rubricado